jueves, 28 de febrero de 2013


CRÍTICA DE CINE

ARGO/Ben Affleck

Oscar 2013: a mellor película sen o mellor director



Rodrigo Prieto e Ben Affleck (no visor)


Thriller honesto con forte aroma anos 70

Miguel Anxo Fernández

Xa sei que o debate é vello e que a historia do cine vai sobrada de filmes oscarizados que non foron acompañados dos seus directores, e viceversa, de directores oscarizados que seica non fixeron a mellor película... Aínda así, permítome suliñar este disparate intolerable, co doado que resulta acompañar ambos Oscar nunha soa categoría. Non lle foi mal a Argo no seu paso polas carteleiras españolas durante o outono do pasado ano [561.761 espectadores, e 4.044.703, 88 €, segundo www.mcu.es ], seguramente animado por unha boa acollida crítica e polo atractivo da historia real, certamente insólita, pero foi a sucesiva recepción de premios nestas últimas semanas [Globo de Ouro, César francés, Bafta británico, e outros en varias categorías, incluído Ben Affleck como director], os que o colocaron na carreira do Oscar principal fronte ao seu directo competidor, Lincoln, de Steven Spielberg, autor ao que si meteron na terna aspirante a esa categoría. Non caerei no erro de facer comparanzas entre ambos filmes, primeiro porque son diferentes, e segundo porque non podo evitar a sensación dun mellor acabado na achega de Spielberg ao carismático presidente abolicionista dos Estados Unidos. Obxectivamente hai máis cine en Lincolnpor mor dunhas costuras máis sólidas e por unha maior coherencia estrutural. Cito tres atrancos no filme de Affleck: a) Argo opta por un desenlace acrítico, no linde da compracencia, un happy end case sen amargores; b) por momentos, a contraposición entre o ambiente desenfadado e case festeiro de Hollywood-Los Ángeles, peta en exceso co máis sobrio e tenso de Teherán-Irán, e ao tempo co máis aséptico nas oficinas da CIA, de maneira que vai demasiado descompensado. c) Unha certa indefinición na súa tintura de farsa, que a fin de contas a operación (con ser dramática), foi unha gran farsa.

E afirmo igualmente, que postos a comparar Argo con outra das finalistas, La noche más oscura, o traballo de Bigelow na dirección, gaña por puntos ao de Affleck pola súa maior coherencia, tensión, e se me apurades, pola maior paixón que Bigelow pon na narración. Así a todo, agora toca comentar o filme entronizado como mellor do ano por ese xigantesco cumio de intereses que é Hollywood, a través da súa gran festa promocional dos Oscar. Ben é certo que Argo garda unha forte parentela co cine dos setenta, a meu xuízo a década máis atractiva e fascinante do cine norteamericano contemporáneo, á marxe do que puido representar a etapa dourada de Hollywood entre os anos trinta e corenta, ou a que algúns chaman Idade de Prata, a dos anos 20, co cine silente a nivel mundial. Sobre todo no ton formal elixido por Affleck, nacido en 1972 polo que cabe supoñer que a súa memoria cinéfila non é diacrónica, senón que será máis da década seguinte, a dos oitenta, onde a doutrina Reegan desnaturalizou bastante os tratamentos temáticos, optando ou polo espectáculo escapista, ou polo maniqueísmo máis acentuado. No cinema dos anos 70 podíase percibir un país convulsionado polo remate da guerra do Vietnam, e a inadaptación dos veteranos do conflito, ademais dunha sociedade que tardou en asumir a tremenda fuciñada dos labregos vietnamitas a uns soños militares imperialistas, que se amosaron con pes de barro. Tamén era aquela época dos setenta, a sociedade do Watergate, a da caída do presidente Nixon, a da chegada do demócrata (e humanista) Jimmy Carter, a das cinsas do hippismo, e a da perda da inocencia... Os Estados Unidos amosábanse vulnerables e o cine comezou a reflectilo. 

Se na forma, Argo se amosa por momentos virtuosa (a tensión  o suspense da súa media hora final, moi lograda), gracias tamén ao ton visual adoptado polo fotógrafo mexicano Rodrigo Prieto, é no bloque temático onde non vai máis alá de recrear en clave de xénero, os feitos históricos acontecidos en Irán, en 1979, cando partidarios do Ayatolá Jomeini, asaltaron a embaixada dos Estados Unidos en Teherán, reclamando a extradición do Sha para ser xulgado no seu país. Para iso tomaron como reféns a 52 persoas, nunha crise que non se resolveu ata 1981. Durante o asalto, seis funcionarios norteamericanos conseguiron acollerse na veciña legación canadiana, pero aínda así non ficaban seguros. Por iso a CIA, a través dun experto axente, tipo gris pero eficiente (encarnado por Affleck), puxo en marcha un delirante plan que, de non ter acontecido realmente [os documentos desclasificáronse en 1997], un guionista nunca imaxinaría tal cousa, a non ser que estivera etílico ou inhalando maría... Consistía en simular a rodaxe de exteriores en Irán para unha película fantástica, de título "Argo" e dun estilo semellante a Star Wars, e desa maneira intentar camuflar aos funcionarios fuxidos, entre os membros do equipo.


De esquerda a dereita, John Goodman, Alan Arkin e Ben Affleck

Affleck, que carece como actor dos recursos dramáticos do seu irmán menor Casey, ademais de prexudicarlle un rostro refractario aos matices, paradoxalmente está perfecto como o funcionario responsable do plan, un tipo inanimado con nervios de aceiro, en absoluto dotado dos tópicos fixados polo cine de Hollywood para personaxes así. Vamos que non é 007 nin Jason Bourne nin o tenente John McClane... Foi como director onde Affleck acadou cotas artísticas máis elevadas, coa agradable sorpresa da súa ópera prima Adiós, pequeña adiós (2007) e despois co eficiente thriller de atracos, The Town, ciudad de ladrones (2010). Con ambos filmes demostrou dominio do ritmo, control da tensión e administración do suspense, ingredientes que afloran novamente en Argo, coa novidade de tratarse dun filme de época, necesitado dunha coidada recreación de ambientes sobre unha acertada dirección artística, co desafío engadido de ambientar os cambiantes anos ´70. A estrutura da historia é canónica e fluida, en base á consabida presentación, nudo e desenlace, pero con aportes singulares e matices que acrecentan o seu interese, pese a unha certa renuncia a asumir convencións do thriller de xénero para deixalo só en thriller de reconstrucción histórica.

Finalmente, salientar a mirada, entre irónica e divertida, sobre o Hollywood da época, comezando por salientar o estado ruinoso das famosas letras sobre o monte Lee, no Parque Griffith, en Hollywood Hills, Los Ángeles, que tempo despois pasaría a ser restaurado e agora vixiado. O personaxe real do maquillador John Chambers (John Goodman) e o imaxinario de Lester Siegel (Alan Arkin), están impagables, como o conxunto dos secundarios. Curiosamente, Arkin loce un look integral que recorda a Howard Hawks nos últimos anos da súa vida [morreu en 1977]. Moi divertida a frase que solta, teimudo, sobre a película a rodar: "si hay caballos, es un western". Para rematar, agradécese que por momentos se achegue á textura do documental (nos planos e nos movementos da cámara), sen esquecer a efectiva música de Alexandre Desplat.

ARGO. EE UU., 2012. Director: Ben Affleck. Guión: Chris Terrio. Fotografía: Rodrigo Prieto. Montaxe: William Goldenberg. Música: Alexandre Desplat. Actores: Ben Affleck, Bryan Cranston, John Goodman, Alan Arkin, Victor Garber. Thriller. 120 min.



La mejor película sin el mejor director



Thriller honesto con fuerte aroma años 70

Miguel Anxo Fernández

Se que el debate es viejo y que la historia del cine va sobrada de filmes oscarizados que no fueron acompañados de sus directores, y viceversa, de directores oscarizados que al oparecer no realizaron la mejor película... Pese a eso, me permito señalar este disparate intolerable, con lo fácil que resulta acompañar ambos Oscar en una sola categoría. No le fue mal a Argo en su paso por las carteleras españolas durante el otoño pasado [561.761 espectadores, y 4.044.703, 88 €, según www.mcu.es ], seguramente potenciado por una buena acogida crítica y por lo atractivo de la historia real, ciertamente insólita, pero fue la sucesiva recepción de premios en estas últimas semanas [Globo de Oro, César francés, Bafta británico, y otros en varias categorías, incluído Ben Affleck como director], los que lo colocaron en la carrera del Oscar principal frente a su directo competidor, Lincoln, de Steven Spielberg, autor al que si metieron en la terna aspirante a esa categoría. No caeré en el error de comparar ambos filmes, primero porque son diferentes, y segundo porque non puedo evitar la sensación de un mejor acabado en la visión de Spielberg al carismático presidente abolicionista de los Estados Unidos. Hay más cine en Lincoln, por unas costuras más sólidas y por una mayor coherencia estructural. Cito tres inconveniencias en el filme de Affleck: a) Argo opta por un desenlace acrítico, al límite de la complacencia, un happy end casi sin amarguras; b) por momentos, la contraposición entre el ambiente desenfadado y casi festivo de Hollywood-Los Ángeles, contrasta en exceso con el más sobrio y tenso de Teherán-Irán, y al tiempo con el más aséptico en la oficinas de la CIA, de manera que va demasiado descompensado. c) Una cierta indefinición en su tintura de farsa, que a fin de cuentas la operación (con ser dramática), fue una gran farsa.

Y afirmo igualmente, que puestos a comparar Argo con otra de las finalistas, La noche más oscura, el trabajo de Bigelow en la dirección, gana por puntos al de Affleck por su mayor coherencia, tensión, y si me apurais, por la mayor pasión que Bigelow pone en la narración. Así a todo, ahora toca comentar el filme entronizado como mejor del año por esa gtigantesca montaña de intereses que es Hollywood, a través de su gran fiesta promocional de los Oscar. Bien es cierto que Argo guarda fuerte parentesco con el cine de los setenta, a mi juicio la década más atractiva y fascinante del cine norteamericano contemporáneo, al margen de lo que pudo representar la etapa dorada de Hollywood entre los años treinta y cuarenta, o la que algunos llaman Edad de Plata, la de los años 20, con el cine silente a nivel mundial. Sobre todo en el tono formal elegido por Affleck, nacido en 1972 por lo que cabe supoñer que su memoria cinéfila no es diacrónica, sino que será más de la década siguiente, la de los ´80, donde la doctrina Reegan desnaturalizó bastante los tratamientos temáticos, optando o por el espectáculo escapista, o por el maniqueísmo más acentuado. En el cine de los años 70 se podía percibir un país convulsionado por el fin de la  guerra del Vietnam y la inadaptación de los veteranos del conflicto, además de una sociedad que tardó en asumir la tremenda humillación de los campesinos vietnamitas a unos sueños militares imperialistas, que se evidenciaron con pies de barro. También era aquella época de los setenta, la sociedad del Watergate, la caída del presidente Nixon, la llegada del demócrata (y humanista) Jimmy Carter, las cenizas del hippismo, y la pérdida de la inocencia... Los Estados Unidos se mostraban vulnerables y el cine comenzó a reflejarlo.

Si en la forma, Argo se muestra virtuosa por momentos  (muy lograda la tensión  y el suspense de su media hora final), gracias también al tono visual adoptado por el fotógrafo mexicano Rodrigo Prieto, es en el bloque temático donde no va más allá de recrear en clave de género, los hechos históricos acontecidos en Irán, en 1979, cando partidarios del Ayatolá Jomeini, asaltaron la embajada de los Estados Unidos en Teherán, reclamando la extradición del Sha para ser juzgado en su país. Para eso tomaron como rehenes a 52 persoas, en una crisis que no se resolvió hasta 1981. Durante el asalto, seis funcionarios norteamericanos lograron refugiarse en la vecina legación canadiense, pero aún así no estaba garantizada su seguridad. Por eso la CIA, a través de un experto agente, tipo gris pero eficiente (encarnado por Affleck), puso en marcha un delirante plan que, de no haber acontecido realmente [los documentos se desclasificaron en 1997], un guionista nunca imaginaría tal cosa, a no ser que estuviera etílico o inhalando maría... Consistía en simular el rodaje de exteriores en Irán para una película fantástica, de título "Argo" e un estilo semejante a Star Wars, y de esa manera intentar camuflar a los funcionarios huídos, entre los miembros del equipo.

Affleck, que carece como actor de los recursos dramáticos de su hermano menor Casey, además de perjudicarle un rostro refractario a los matices, paradojicamente está perfecto como el funcionario responsable del plan, un tipo inanimado con nervios de acero, en absoluto dotado de los tópicos fijados por el cine de Hollywood para personajes así. Vamos que no es 007 ni Jason Bourne ni el teniente John McClane... Fue como director donde Affleck logró cotas artísticas más elevadas, con la agradable sorpresa de su ópera prima Adiós, pequeña adiós (2007) y despues con  el eficiente thriller de atracos, The Town, ciudad de ladrones (2010). Con ambos demostró dominio del ritmo, control de la tensión y administración del suspense, ingredientes que afloran nuevamente en Argo, con la novedad de tratarse de un filme de época, necesitado de una cuidada recreación de ambientes sobre unha acertada dirección artística, con el desafío añadido de ambientar los cambiantes años ´70. La estructura de la historia es canónica y fluida, en base a la consabida presentación, nudo y desenlace, pero con aportes singulares y matices que acrecientan su interés, pese a una cierta renuncia a asumir convenciones del thriller de género para dejarlo en thriller de reconstrucción histórica.


Finalmente, señalar la mirada, entre irónica y divertida, sobre el Hollywood de la época, comezando por destacar el estado ruinoso de las famosas letras sobre el monte Lee, Parque Griffith, en Hollywood Hills, Los Ángeles, que tiempo después pasaría a ser restaurado y ahora vigilado. El personaxe real del maquillador John Chambers (John Goodman) y el imaginario de Lester Siegel (Alan Arkin), están impagables, como el conjunto de los secundarios. Curiosamente, Arkin luce un look integral que recuerda a Howard Hawks en los últimos años de su vida [falleció en 1977]. Muy divertida la frase que suelta, machacón, sobre la película a rodar: "si hay caballos, es un western". Para finalizar, se agradece que por momentos se acerque a la textura del documental (en os planos y en los movimientos de la cámara), sin olvidar la efectiva música de Alexandre Desplat.


9 comentarios:

  1. Estupenda disección da peli, M.A. Estou bastante de acordo coa túa crítica. Nembargantes, teño que recoñecer que o asunto no Hollywood, que leva a clara idea de distender e rebaixar as angurias do espectador (porque mantelo durante todo o filme sería un calvario para o espectador!) a min funcionoume. O seu maior logro está na capacidade que ten de manter a tensión dende os primeiros fotogramas.

    Por outra banda, o Affleck actor, penso que recolleu a súa única boa actuación (Dende o meu punto de vista) que foi na moi salientable "A sombra do poder" (Kevin Macdonald,2009) e a fixo marca de estilo. A partir de agora penso que sería un signo de intelixencia actuar só na pel de personaxes fríos e alonxados de emocións superficiais.

    Da súa laboura coma director, teño que recoñecer que as súas dúas obras anteriores gustáronme abondo, con todo padecer, ámbalas dúas, un tercio de dilatación. E penso que o Affleck recolleu xa un estilo propio, que é máis dificil, e que nada entre o cinema de C. Eastwood e o de P. Haggis...

    No que respecta ós permios... Buff! Retratar un logro histórico de Estado e que ademáis foi coa axuda de Hollywood... Mimadriña! premios seguros ou? ;-)

    PS: Na comparanza con "Zero Dark City" penso que sae gañando no seu conxunto. Vexo máis cine en Argo, polo que penso que discrepamos :-). Recoñezo entón que non comparto ese entusiasmo co filme da Bigelow, que me pareceu máis un exercicio de cinema de acción dos de sempre nos USA (Heroe/ína que "sabe lepe" e que ten que loitar contra os seus superiores que son uns perdidiños malpocados e ignorantes), unha tensión que non é tal porque o espctador, sabido xa das triquiñuelas deste tipo de cinema, xa avanza ("spoiler" A secuencia do ataque co coche bomba... mimadriña!), con aires de feminismo que resultan ata grotescos do pouco disimulados que van. Para min, todo un engano disimulado pola súa última media hora, que con todo estar moi ben, non é por mérito da autora, dende o meu punto de vista eh!, pois non require máis técnica cinematográfica que recoller secuencias de videoxogos populares. Todo xa moi visto. Con todo, polo tema que trata,e porque é cinema formalmente ben acabado, tamén é un bo filme.

    ResponderEliminar
  2. Marabillosa a túa lectura de Argo.

    ResponderEliminar
  3. Concordo na túa valoración, pese as discrepacias puntuais. Certo, Affleck como actor, se é capaz de escoller personaxes acordes co seu físico, rolará sen sobresaltos á espera de que o tempo "endureza" os seus trazos. Como director, penso que xa non ten nada que demostrar. O seu primeiro filme, sorprendeume, e moito. No segundo apreciei as pegadas, sobre todo de Michael Man en "Heat". No terceiro, redondea estilo, sen dúbida. Unha moi notable película á que lle vexo as limitacións que anoto no meu texto. Por iso LA NOCHE MÁS OSCURA me parece mellor redondeada, aínda recoñecendo que son dous enfoques distintos do thriller político. Vexo máis sutileza no de Bigelow que no de Affleck, pero en fin, sería debate para outra ocasión. Tampouco afirmo que sexa filme redondo, pero vai moito máis solto. No que dis da heroina, que vai contra todo e sabe a Deus dar, a mín bástame a breve conversa que manteñen na cafetería, ela e o mandamais (Galdonfini), cun díalogo breve e conciso que para min resume moitas claves. En fin, Dario, que viva a discrepancia, que de non ser así, ver películas sería do máis aburrido... :).

    ResponderEliminar
  4. Ah! Bendita discrepancia! (que tampouco é tanta ho!)

    En resumo, e por falar un pouco de cine, que penso que é do que se trata, teño que concluir que os dous filmes son moi bos, pero que me quedo con traballos anteriores dos seus directores. No caso de Affleck, con "Gone Baby, Gone" e con "The Town" (Pode ser que haxa algo de inspiración nese monumento ó thriller que é "Heat" de Michael Mann, salvando as distancias e o vigor que Mann lle insufla ós seus filmes). Pero eu vexo que as pelis do Affleck van apousadas pero cadenciosas, e cun ton xeral que vai entre a tristura e o desencanto, que me recorda ó Clint Eastwood máis intimista.

    No caso da Bigelow, e o meu pecado é que inda non lle vin "Na terra hostil" vou un pouco a contracorrente, e adoro o seu traballo en "Días estraños". No seu tempo deixoume cunha sensación estupenda de renovación.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "En tierra hostil", interesoume moito, sobre todo por honesta. O retrato dun "zumbado" nun contexto demencial. Converterase nun pequeno clásico.

      Eliminar
  5. Que hai que entender por honesto ? que no hai sexo ?, que é un filme discreto que non pasa de bo ?, que non minte ?, se cadra as tres cousas, ainda que dudo que teña algo da última, ieso que unha peli que non tente engañar no é algo que eu valore moito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Falamos cando a mires... Para opinar con criterio, que nas cousas do cine se non miramos antes as pelis, a cousa non vai a xeito. Agardo pois.

      Eliminar