martes, 25 de junio de 2013

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 4 (-7)

Pero quen matou a Amanda?


[Así escribín BÍCAME, FRANK, nas librarías o martes 2 de xullo]

 Na entrega anterior deixara a Frank moi cabreado saíndo da comisaría de Vilagarcía… Viñera de lecer a Muros, deixara a Pat a fronte da oficina en Los Ángeles e agora tería que retrasar o regreso. A pregunta tiña dúas variantes: a) quen matou a Amanda? B) por que razón? En todo caso, BÍCAME FRANK (Galaxia, 2013) comezaba a medrar e xa había tres mulleres arredor de Frank: Pat Pérez, Dalia Maxino e a difunta Amanda. Foi aquí cando optei pola aparición dun novo personaxe que se facía chamar Meli, de Amelia, aínda que realmente tampouco era Amelia. Un personaxe que quizais lle parta o corazón a Soutelo, cando el cría que ese tempo xa quedara moi atrás…. Mentres, coa impagable axuda do ex –garda civil muradán, Poncio, xa tiña unha primeira pista sobre a morte de Amanda.

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 4 (-7)

Pero quién mató a Amanda?

[Así escribí BÍCAME, FRANK, en librerías o martes 2 de xullo]

En la entrega anterior había dejado a Frank muy cabreado saliendo de la comisaría de Vilagarcía… Estaba descansando en Muros, dejara a Pat al frente de la oficina en Los Ángeles y ahora tendría que retrasar su regreso. La pregunta tenía dos variantes: a) quién mató a Amanda? B) por qué razón? En todo caso, BÍCAME FRANK (Galaxia, 2013) comenzaba a crecer y ya había tres mujeres en torno a Frank: Pat Pérez, Dalia Maxino y la difunta Amanda. Fue aquí cuando opté por la aparición de un nuevo personaje que se hacía llamar Meli, de Amelia, aunque realmente tampoco era Amelia. Un personaje que quizá le parta el corazón a Soutelo, cando el creía que ese tiempo ya quedara muy atrás…. Mientras, con la impagable ayuda del ex –guardia civil Poncio, ya tenía una primera pista sobre la muerte de Amanda.





jueves, 20 de junio de 2013

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 3 (-8)

Un cadáver para Frank


[Así escribín BÍCAME, FRANK, nas librarías o venres 28 de xuño]
Alí, na comisaría, cóntanlle a Frank unha serie de feitos e como remate pídenlle que se preste a entregar o seu pasaporte… Non é para menos: hai un cadáver. Pero imos deixar a un lado a Frank, porque mentres a novela vai medrando, había que centrarse na promoción de LUME DE COBIZA (Galaxia), de recente saída do prelo. Xa andabamos polo verán de 2011. Soutelo viña por primeira vez a Galicia en viaxe profesional, e o feito foi saudado polos lectores e máis pola crítica, como unha boa nova. De libraría en libraría e conversando cos lectores, descubro que hai un renovado interese pola novela policial e polo personaxe, con nai de Muros e pai de Soutelo de Montes. Uns dinme que comparten a súa retranca, outros pregúntanme por que non apuro a relación coa súa secretaria Pat Pérez, mesmo alguén me reprocha máis sexo e máis violencia, hainos que gustan moito de Sugar Jones… Con todo iso, eu regreso a finais de 2011 á nova novela, mentres vou ideando subtramas e novos personaxes. Deixara a Frank moi cabreado saíndo da comisaría: ninguén lle colgaba un cadáver a Soutelo sen pagar por iso…

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 3 (-8)

Un cadáver para Frank

[Así escribí BÍCAME, FRANK, en librerías desde el viernes 28 de junio]

Allí, en la comisaría, le cuentan a Frank una serie de hechos y como remate le piden que se disponga a entregar su pasaporte… No es para menos: hay un cadáver. Pero vamos dejar a un lado a Frank, porque mientras la novela va creciendo, había que centrarse en la promoción de LUME DE COBIZA (Galaxia), recién salida de la imprenta. Ya andábamos por el verano de 2011. Soutelo venía por primera vez a Galicia en viaje profesional, y su llegada fue saludada por los lectores y por la crítica, como una buena noticia. De librería en librería y conversando con los lectores, descubro que hay un renovado interés por la novela policial y por el personaje, con madre de Muros y padre de Soutelo de Montes. Unos me dicen que comparten su ironía, otros me preguntan por qué no apuro la relación con su secretaria Pat Pérez, incluso alguien me reprocha más sexo y más violencia, los hay que gustan mucho de Sugar Jones… Con todo eso, regreso a finales de 2011, a la nueva novela, mientras voy ideando subtramas y nuevos personajes. Dejara a Frank muy cabreado saliendo de la comisaría: nadie le colgaba un cadáver a Soutelo sin pagar por ello…


miércoles, 19 de junio de 2013

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 2 (-9)

O manuscrito de Cabanillas


[Continúo rememorando a xestación de BÍCAME, FRANK, nas librarías o venres 28 de xuño. Agardo que vos enganche…]

Ese ritual consiste en escribir unha sinopse ampla de tres folios, georgia, corpo 12, espazo simple… Pero antes compre ter a base da trama, e sobre todo un desenlace convincente (que non revelarei por razóns obvias…). Tiña moi claro o roteiro para chegar, pero faltábame o arranque que me xustificase recuperar a Sugar Jones, un canalla polo que teño especial debilidade. E atopeino no manuscrito de “Vento mareiro”, o poemario de Ramón Cabanillas, o insigne poeta cambadés. De paso aproveito para traer a Frank ata Cambados, vila pola que sinto especial querenza. E así foi como principiou a trama, con Sugar enredando… De feito, esta pequena subtrama xa viña de 2010, do relato longo “Frank Soutelo e o manuscrito de Cabanillas” co que eu agasallara aos amigos cando me concederon alí o Premio Ramón Cabanillas naquel ano. Pero o que nunca se imaxinou Frank, foi que aquel viaxe de pracer á Versalles de Galicia (que dixera Pardo Bazán), lle levaría á comisaría de Vilagarcía…


LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 2 (-9)

El manuscrito de Cabanillas

[Continúo rememorando la gestación de BÍCAME, FRANK, en las librerías a partir del viernes 28 de junio. Espero que os interese…]

Ese ritual consiste en escribir una sinopsis amplia de tres folios, georgia, cuerpo 12, espacio simple… Pero antes es necesario tener la base de la trama, y sobre todo un desenlace convincente (que non revelaré por razones obvias…). Tenía muy clara la ruta para llegar, pero me faltaba el arranque que me justificase recuperar a Sugar Jones, un canalla por el que tengo especial debilidad. Y lo encontré en el manuscrito de “Vento mareiro”, el poemario de Ramón Cabanillas, insigne poeta cambadés. De paso aprovecho para traer a Frank hasta Cambados, villa por la que siento especial cariño. Y así fue como comenzó la trama, con Sugar enredando… De hecho, esta pequeña subtrama ya venía de 2010, del relato largo “Frank Soutelo e o manuscrito de Cabanillas” que regalara a los amigos que me acompañaron cuando me concedieron allí el Premio Ramón Cabanillas, aquel año. Pero lo que nunca se imaginó Frank, fue que aquel viaje de placer a la Versalles de Galicia (que dijera Pardo Bazán), le llevaría a la comisaría de Vilagarcía…

martes, 18 de junio de 2013

LETRAS/Novela policial

Comeza a conta atrás cara aos lectores…

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 1

Así comezou todo


[En varias entregas, ata a saída da novela, BÍCAME, FRANK o venres 28 de xuño, irei contando o proceso de creación da nova aventura do sabuxo Frank Soutelo. Para ir quecendo motores… E de paso, animar a vosa curiosidade lectora]
Poucas semanas antes de rematar a versión definitiva da novela LUME DE COBIZA (Galaxia, 2011), a cuarta da serie do sabuxo Frank Soutelo e o primeiro dos seus enredos en Galicia, os síntomas da crise económica xa estaban a petar duro no país. Máis aínda que nos medios de comunicación (que todos os días volvían sobre o tema), bulía na propia xente. No choio, no bar, no quiosco, na rúa, comezábanse a escoitar os pequenos dramas persoais que estaban a afectar aos de abaixo, aos cidadáns comúns. Había tamén cousas que me chamaban a atención, a proliferación dos dubidosos “Compro oro”, tamén os empresarios, banqueiros e políticos que “se afeitaban p´arriba” (expresión popular cun punto corrosivo)… No plano internacional xa comezara da Primavera árabe. Total que comecei a idear nunha trama na que Frank Soutelo debería intervir, non tanto facer o que don Quixote esnafrándose contra os muíños de vento, pero si ao menos pasar a súa propia factura persoal. E así retomei o meu ritual cada vez que comezo a escribir unha novela… [Próxima entrega: Making Of 2].

LETRAS/Novela policíaca

Comienza la cuenta atrás hacia los lectores…

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 1

Así comezó todo

[En varias entregas, hasta la salida de la novela, BÍCAME, FRANK, el viernes 28 de junio a manos de Galaxia, iré contando el proceso de creación de la nueva aventura del detective Frank Soutelo. Para ir calentando motores… Y de paso, estimular vuestra curiosidad lectora]

Pocas semanas antes de dar por buena la versión definitiva de la novela LUME DE COBIZA (Galaxia, 2011), la cuarta de la serie del detective Frank Soutelo y el primero de sus enredos en Galicia, los síntomas de la crisis económica ya estaban pegando duro en el país. Más todavía que en los medios de comunicación (que todos los días volvían sobre el tema), en la propia gente. En el trabajo, en el bar, en el quiosco, en la calle, comenzaban a escucharse los pequeños dramas personales que estaban afectando a los de abajo, a los ciudadanos comunes. Había también cosas que llamaban mi atención, la proliferación de los dudosos “Compro oro”, también empresarios, banqueros y políticos que “se afeitaban p´arriba” (expresión popular con un punto corrosivo)… En el plano internacional ya había comenzado lo de la Primavera árabe. Total que comencé a idear una trama en la que Frank Soutelo debería intervenir, no tanto hacer como don Quijote estampándose contra los molinos de viento, pero si al menos pasar su propia factura personal. Y así puse en marcha mi ritual de cada vez que comienzo a escribir una novela… [Próxima entrega: Making Of 2].