martes, 25 de junio de 2013

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 4 (-7)

Pero quen matou a Amanda?


[Así escribín BÍCAME, FRANK, nas librarías o martes 2 de xullo]

 Na entrega anterior deixara a Frank moi cabreado saíndo da comisaría de Vilagarcía… Viñera de lecer a Muros, deixara a Pat a fronte da oficina en Los Ángeles e agora tería que retrasar o regreso. A pregunta tiña dúas variantes: a) quen matou a Amanda? B) por que razón? En todo caso, BÍCAME FRANK (Galaxia, 2013) comezaba a medrar e xa había tres mulleres arredor de Frank: Pat Pérez, Dalia Maxino e a difunta Amanda. Foi aquí cando optei pola aparición dun novo personaxe que se facía chamar Meli, de Amelia, aínda que realmente tampouco era Amelia. Un personaxe que quizais lle parta o corazón a Soutelo, cando el cría que ese tempo xa quedara moi atrás…. Mentres, coa impagable axuda do ex –garda civil muradán, Poncio, xa tiña unha primeira pista sobre a morte de Amanda.

LETRAS/Novela policial

“BÍCAME, FRANK”: Making Of 4 (-7)

Pero quién mató a Amanda?

[Así escribí BÍCAME, FRANK, en librerías o martes 2 de xullo]

En la entrega anterior había dejado a Frank muy cabreado saliendo de la comisaría de Vilagarcía… Estaba descansando en Muros, dejara a Pat al frente de la oficina en Los Ángeles y ahora tendría que retrasar su regreso. La pregunta tenía dos variantes: a) quién mató a Amanda? B) por qué razón? En todo caso, BÍCAME FRANK (Galaxia, 2013) comenzaba a crecer y ya había tres mujeres en torno a Frank: Pat Pérez, Dalia Maxino y la difunta Amanda. Fue aquí cuando opté por la aparición de un nuevo personaje que se hacía llamar Meli, de Amelia, aunque realmente tampoco era Amelia. Un personaje que quizá le parta el corazón a Soutelo, cando el creía que ese tiempo ya quedara muy atrás…. Mientras, con la impagable ayuda del ex –guardia civil Poncio, ya tenía una primera pista sobre la muerte de Amanda.





No hay comentarios:

Publicar un comentario